miércoles, 19 de noviembre de 2008

Para ARNEIRÓN, fotógrafo-cociñeiro, ¡e xastre!

_________________

Plenamente demostrada a ollada do artista fotógrafo. Pero Arneirón sábeche moito más de cociña.

¿É con pemento ou sen pemento, a caldeirada ao alliño?

18 de novembro de 2008 7:12


____________________

Blogger arneironi dixo...


Rioderrengado:

Non che é iso. É que ando a procura dun modelo de cociña ecolóxico para desfacerme dos queimadores de butano. (Fallanme o olfato e as cervicais).
Ora bem, repara no aproveitamento enerxético do artiluxio para cociñar 'titicáquico', ou se o preferes 'aymárico'. Vale até para facer lume enriba da palla.
E, para tí, bem o sabes, sempre deixarei cabeciñas e espiñas para cuchares.

18 de noviembre de 2008 13:21

3 comentarios:

arneironi dijo...

Um accidente teclístico impedíume contestarte como eu quería na miña caixiña. Fói o caso que se me amputóu parte do texto saindo, ao mesmo tempo, pubricado. Rectificado o desvarío, veño aquí a depoelo no teu caixote. Non séi ben onde, porque é máis dificil camiñar por aquí que na medina de Fez. Ahí o tes:

Publicar un comentario en: arneirón"un millón de anos,"
2 comentarios

RIODERRADEIRO dijo...
En cada un de nós, a tartaruga fainos a pregunta do día.
16 de noviembre de 2008 4:35


arneironi dijo...

Tes toda a razón reghatinho: Todos os días temos que darnos de cabeçadas nas pedras.
Hai xa muito tempo, disque 1.400 anos, que boa parte dos humanos encontraronlle certas virtudes a ese exercicio ximnástico. E niso continúan, continúamos.
Cál non será a magnitude do rito que, por darte un exempro, en Santiago as autoridades eclesiásticas vironse obrigadas a cortaren o acceso ao santo dos croques. ¡Se non terán batido cabeças nesa pedrinha!.
Vas ver, nun tempo no que eu traballei de peón de albanel nas medievais rúas de Lugo, a empresa para a que traballaba -hoxe propiedade de florentino- paghábanos cun sobre no que aparecía impreso: "Tu cabeza puede ser dura, pero un ladrillo lo es más", fraseciña coa que pretendían, disque, animarnos a usar o casco (que non nos daban).
Pois ben, É FALSO.
Ahí está a proba do santiño citado que perdéu xa metade do cranio sen conseguir magoar o máis mínimo as cabeças dos pelegrinos, senón máis bem transferindolles sabeduría.
Os únecos accidentes para a saude pelegrina producidos na Catedral santiaguesa, que ademáis están documentados nos medios de prensa, non foron tales, senón que foron mortes por emoción celestial ou, diretamente, por gracia recebida do Santo Apostolo para iren parar ao seu encontro.
No Islam teñen-o millor orgaizado. Cada quem bate na súa pedriña que, ou bem levan consigo sendo de propiedade persoal, ou pode recoller uma feita de arxila, entre os milleiros que están amoreadas numa pía sitúada a porta da "shrine". (Fago contas eu, porque non o vin, de que no caso dos xeques e emires do Gholfo, por vez de pedriña de bairro usarán un linghotiño de ouro ou de cristal de carbono puro, máis acordes para bater numa cabeça coroada).
Eu tambén tiña uma pedra da Porta Santa que de neno apañei, en dura competizón con varios centos máis de nenos e non tan nenos, nunha cerimonia de apertura da mesma oficiada polo Cardeal Quiroga.
Perdín, xa non lembro cando, a pedra e, con ela, a santidade.
Son os coñecidos danos colaterais, sempre presentes.
Non séi si terei contestado satisfatoriamente a túa "pregunta do día". De calqueira xeito, moitas grazas pola visita que me fizestes.
P.D. Domingho esperote na Pedra de Espinho. Trai uma garrafinha de treixadura da tasca que hai na praia de Chapela. Seica é de Monçâo. Bom vinho!.
18 de noviembre de 2008 13:56

arneironi dijo...

Trabuqueime de novo e, no comentario anterior, pubricouse o borrador. Xa dá o mesmo. Eu quería dicer:

"" Os únecos accidentes para a saude pelegrina habidos na Catedral santiaguesa, que ademáis están documentados nos medios de prensa, non foron tales, senón que foron mortes produzidas por emoción celestial ou, diretamente, por gracia recebida do Santo Apostolo para iren gozar ao seu encontro.
No Islam teñen-o millor orgaizado. Cada quem bate na súa pedriña que, ou bem levan consigo sendo de propiedade persoal, ou pode recoller uma feita de arxila, entre os milleiros que están amoreadas numa pía sitúada a porta da "shrine". (Fago contas eu, porque non o vin, de que no caso dos xeques e emires do Gholfo, por vez de pedriña de bairro usarán un linghotiño de ouro ou de cristal de carbono puro, máis acordes para bater numa cabeça coroada). ""

E, xa que falamos de pedras, que me dis da "pedrinha que tinha no meio do caminho" don Carlos.

Bon, non te esqueças da treixadura.

arneironi dijo...

Como xa séi que non ves comer ao meu barraquiño, aquí estóu outra vez coa sopa de letras:


RIODERRADEIRO dijo...
A Madalena de Louro, aqueles tempos, aquela vida regalada...

19 de noviembre de 2008 2:26


arneironi dijo...
Si che digho a verdade, polo úneco que me importaba a min a Festa da Madalena era por ser o único día do ano no que podías atopar colillas de puro, as millores para líar umas cabichiñas que sabían a home e a mundo como nenguma outra.

Houberalle collido máis cariño, cando menos teríame disparado a miña fantasía, de ter sabido algho máis da súa neboenta biografía.

Intrighame uma cousa de tí. ¿Por qué te fixeste Río a estas alturas? ¿Qué necesidade tes de andar a levar agua, co mal que se che daba a sella?

Pasate o vinho home mentras hai tempo.

¿Por qué non chamarte "ULTIMOTRAGHO", ou "EMPIPADO" por exempro?.

19 de noviembre de 2008 5:02