lunes, 27 de octubre de 2008

TEIXEIRO

CHICASS10 - un blog saído do centro penitenciario de TEIXERO - publica hoxe unhas REFLEXIÓNS , ao meu ver, inmaduras, por non dicir irreflexivas:

"Los muros de las prisiones no se levantaron para impedir que las personas reclusas se escaparan,se levantaron y se levantan para que la sociedad no vea lo que pasa dentro de las prisiones."

Co debido permiso e respeto, teño que discrepar - e de feito discrepo - duns PENSAMENTOS, para min impensables e que, expostos así, considero equivacados. Sen embargo, estaría disposto a aceptar a idea global de que a sociedade (¡a sucidade!,con perdón,) prefire - sumando a primeira proposición á segunda - sempre mirar para o outro lado.

¡Ánimo!, e boa recuperación do que sexa...

Apertas.

sábado, 25 de octubre de 2008

kundera

O "Z" DE GALIZA.
___________________

¡Canto dá de si o "Z" de GALIZA! O aproveitamento do famoso nudista resulta tan edificante coma resultou no seu día a actitude de quen cría que o Cancio estaba a lle abrir as portas, de cabo a rabo, á lascivia en Baroñas, en GaliZa, en España, e no mundo mundial, en batería.

Un adiantado de occidente, o afamado sociólogo mellor imitador do chivo. E detrás – pero au-dessus de la mêlée - a do bigote enrabechado pondo rumbo ao futuro.
=============================================================================
=====================================================================================


AS REVIRAVOLTAS DO PASADO
______________________________


Milan Kundera, o afamado escritor e (no seu día) resistente anti-comunista checo, atacado de colaboracionista do servizo secreto do seu país, cando era un estudante adolescente, nega con rotundidade a acusación.

A ficha policial que serve de base á información di: "Hoxe (14 de marzo de 1950) sobre as 16 horas, un estudante, Milan Kundera, nado o 1º de abril de 1929 en Brno, preséntase nesta comisaría para informar..."

Sexa ou non certa esta denucia extemporánea, o caso é que resulta -segundo se mire- in/oportuna.



Anónimo dijo...

Unha casa no altor, por controlar Valdexería...

Hai nomes con moita poesía.
16 de octubre de 2008 13:38
Dédalus dijo...

No sólo era tremendamente joven (tenía 19 años) sino que, además y por lo que se dice, fue un tema amoroso el que le movió a hablar mal de aquel chico.
No sé si viene a cuento sacar ahora esos trapos sucios, para intentar empañar su compromiso personal y su carrera literaria.

Saludos.
23 de octubre de 2008 9:52
Anónimo dijo...

Na vida de cada quen todo conta. A nosa historia perséguenos e xóganos, de cando en cando, moi malas pasadas.

O gato vai tralo rato ata o furado.