lunes, 9 de noviembre de 2009

NA CANAVALA




Baixei pola Canavala

lucindo os zoquiños novos

que ese domingo mercara.


Co ruído que eu metía,

toda a xente me miraba;

e canto máis o facían,

máis cos zoquiños petaba.


Ata que unha rapaciña,

por certo, moi agraciada,

díxome: "¡Que presumido!"


E a coitada ía descalza.


(Marcelino García Lariño:
Marcelo da Rabela)
_

AO MEU MUROS





Quérote, Muros, de día;

quérote, Muros, de noite;

na tristura, na alegría,

na mala e na boa sorte.

Quérote con tolería,

e hoxe, un pouco más que onte;

quererte a ti é teimosía,

porque te quixen decote.

Querereite en mentres viva,

e aínda...despois da morte.


(Marcelino García Lariño:
Marcelo da Rabela)
_