A).-
Cadroume asistir á chegada dun tren ateigado de emigrantes
españois, en pleno inverno, á estación de Xenebra. Estamos a falar
do ano 1970, cando se facturaba xente e se etiquetaba cun cartel no
peito, como se fosen productos nun mercado, sacos de patacas ou bois
ao matadoiro, algo tétrico. Pero quedei máis impactado ao ver o
desprezo con que eran recibidos e tratados pola indiferencia duns e
polo mal xesto doutros; nunca esquecerei o desprezo activo daquel
vello Suizo que cuspiu, diante de min, ao paso daquela comitiva de
escravos da inxustiza. Logo vin cosas aínda peores; outro día, se
cadra, cóntoas. O cabreo non son quen do arrincar da cabeza, e xa
choveu desde entón, creo.
*************************
B.- A que tempo nos retrotrae ou me leva
personalmente a imaxe? Poñamos que estamos a falar de comenzos do
inverno de 1970 do pasado século. Saímos de Santiago de Compostela,
sobre o mediodía (creo), nun ferrocarril de terceira, lento, de
carbón, pobre en comodidades, é dicir, elemental, bancos de
madeira, onde os viaxeiros, amontoados nos corredores por falta de
espazo e acomdo nos compartimentos, viaxan de pé, amontoadas. Imos
cara a Ourense. Na Cidade das Burgas baixamos, coma foguetes, e, acto
seguido, tratamos de embarcar no convoi destinado á chegar á
fronteira (Irún). Tomámolo, a toda présa, por asalto: nós
accedemos ao interior do tren, a empurróns, pola porta e os vultos e
as maletas ingresan, como aquí se ve, pola fiesta; aquelo era ir á
aventura, coma unha estampa de desterro protagonizada por xente nova,
en certo modo, forza de traballo sobrante. A foto, esta foto, é a
chave que, arestora, desperta en min aquel tempo e aquela indignación
que me acompaña e contextualiza no duro tema das migracións, fronte
á xenofobia rampante, sen conciencia, e tan desmemoriada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario