miércoles, 11 de febrero de 2009

ARIETE.



Fragata Ariete, cunha dotación de 166 tripulantes, foi arrastrada polo temporal á rompente, para logo encallar na praia de Ardeleiro, preto de Punta Remedios, en Lira (Concello de Carnota), na Costa da Morte, o 25 de febreiro de 1966. A parroquia de Lira volcouse nas labores de salvamento, rescatando con vida á tripulación ao completo. Na actualidade, hai un monolito que conmemora "in situ" esa efeméride.

No hay comentarios: