miércoles, 24 de octubre de 2012
lunes, 15 de octubre de 2012
miércoles, 10 de octubre de 2012
sábado, 22 de septiembre de 2012
martes, 18 de septiembre de 2012
sábado, 15 de septiembre de 2012
Rioderradeiro rende HOMENAXE A DOMINGOS DOSIL CUBELO.
Benquerida familia, moi prezados amigos e compatriotas, miñas donas e
meus señores:
DOMINGOS DOSIL CUBELO: IN MEMORIAM
________________________________
A flor do corpo murchou,
quen tan firme florecera
non deixou de ser quen era
cando en mudanza marchou.
Con
dignidade e grandeza
terra barbeita labrara,
con coraxe recalcara
que está o valor na cabeza.
Paradigma en decisión,
exemplo de gallardía,
tivo cabal corazón;
El
con constancia atopou
valor na minusvalía,
e abordou soberanía,
que polo
Bloque acadou,
desde a cadeira, a Alcaldía.
O motivo de estarmos aquí, hoxe,
congregados, obedece a unha causa e a un sentimento compartidos. Todos, como
amigos de DOMINGOS DOSIL CUBELO, experimentamos a necesidade de expresar
admiración pola súa persoa e pola súa obra que, por imperativo do guión, a cada
conferenciante só lle toca glosar parcialmente. Sen embargo, imposible non
aludir, de pasada, ao conxunto, para salientar o nexo que nos convoca e nos concita.
Uns antes, outros despois, chegamos
a frecuentar o trato de DOMINGOS DOSIL, a coñecelo, a admiralo e a querelo;
porque el, certamente, facíase
respectar, pero tamén querer. Niso, precisamente, na querencia, vou tratar de centrarme.
… Falo eu, non porque sexa o máis indicado, senón en nome de tódolos
presentes. A todos pretendo incluír e representar nas palabras de honra. Chegado
a este punto, permitídeme singularizar a Emilio Vilar Ramos (MILUCHO), a quen,
en estricta xustiza, lle correspondería dirixirse a vós con mellores argumentos. A súa invencible timidez e a súa emotividade a flor de pel derivaron
en min esta responsabilidade.
Coñecín a DOMINGOS DOSIL CUBELO,
de neno, de cando viña, pola Carretera de Arriba, aos recados á vila. Logo, a
miña adolescencia e primeira mocidade transcurriron fóra da bisbarra e non
volvín a saber DEL ata que foi protagonista dunha mala noticia.
Fago un salto cronolóxico para acadar
o tramo final dos anos 70; entón tomei contacto firme con DOMINGOS por mor de
atraelo á causa do nacionalismo. Daquela, ao abeiro dunha relación de tardes e
seráns, xurdiu esa confianza e esa amizade (de seguro, semellante á vosa) que
prenden e xermolan en terreo fecundo. Os primeiros comunicados onde daba a
coñecer os seus proxectos asociativos foron obra común; el poñía a intelixencia
e as ideas e a min tocábame a parte mecánica e a formal da letra e da
literatura.
Traio a conto estes datos co
propósito de destacar como unha persoa afastada do mundo, cunha vida de
reclusión forzosa -porque a sociedade non conta con el para cousa ninguna-,
avocado a unha resignación perpetua, rompe os convencionalismos , busca e atopa
unha saída. Depois viría a obra titánica que tanto nos asombra e nos enche de
orgullo.
Pero volvo ao principio e
quédome co amigo, amigo con maiúsculas. DOMINGOS DOSIL CUBELO foi un amigo
leal, firme, coherente, xeneroso, con un sentido ético e estético da amizade que
non eludía ningún compromiso. Estaba feito dunha soa peza, tiña carácter, tiña
unha vontade de ferro, non se encollía fronte a
problemas e dificultades. Non o podemos esquecer, ligado como está xa
para sempre o noso sentimento ao seu
comportamento. E así, co voso permiso, me atrevo a proclamalo.
O meu reloxo enterrompe o seu
curso no punto e hora do solpor, nas Paxareiras, fronte ao Mar Maior e ao Cabo
Fisterra (alá polo 25 de xullo do 2010), á volta de Santiago, cando Ti,
Domingos Dosil Cubelo, Milucho e quen rescata da ensoñación vivida a estampa
dun intre que foi tempo importante…, os tres, estantíos, a contemplar o OCASO e a despedir aquel DÍA da PATRIA magnífico.
Atrás quedaban a manifestación patriótica, o calor humano da Praza da Quintana,
o xantar na Carballeira e o teu desafío de comparecencia (con pancartas e
bandeiras do Bloque) no feudo institucional (do PP) xunteiro de repartir
medallas. Atrás quedaba o policía pallaso que pretendiu inútilmente
obstaculizarnos a entrada ao recinto feiral onde se movía sen tales
impedimentos a numerosa prole traxeada de agasallantes e agasallados (do país
dos ananos). Pero a ti, amigo Domingo( coa acreditación de invitado no peto) calquera
te detiña, non te deixabas intimidar e abríaste paso con señorío, con arte, con
autoridade, cunha forza incrible. E nós (na retagarda) admirados e pampos, satisfeitos de ser os teus escoltas, de garda
pretoriana.
Cambio de terzo. Achégome ao
presente. O meu reloxo está parado,
agora, na túa casa -tarde-serán da premonitoria despedida-, escasos días antes
do teu derradeiro ingreso hospitalario e do teu pasamento. O trío (mosqueteiro)
anda a divagar, apaixoadamente, do
divino e do humano coa colaboración parcial da botella de Chivas.
Permitídeme, benqueridos amigos,
que preserve o seu contido, tan só por delicadeza, para non profanar o texto e
contexto do sumario, que ha manterse así, tal cal, secreto, sen engadir punto
nin coma.
Fora o silencio testigo
dun pensamento que atara,
foras ti sempre ese abrigo
de arroupamento sen tara.
Se puider ser, meu amigo,
terte outra vez cara a cara,
volverte a ver rescatara
a fe que se foi contigo.
Falou febreiro co frío,
escribiu de présa o drama,
desenrolou desvarío
no teu corpo a mala trama,
a febre apagouna o río
que en vendo mar te derrama.
A
vida ofrécenos, por fortuna, aínda a nós a ocasión de lembrar e honrar, nese
amigo ausente da existencia, a unha persoa auténtica, humilde, próxima,
patrimonio común da muradanía, cuio maior mérito reside na superación e no
traballo constantes a prol dos disminuídos da bisbarra e de Galiza enteira …
Obendientes ás leis inexorables da natureza, foi chegado o momento dos
adeuses. Quen, de momento, continúa despide e aplaude a quen parte (partiu),
cargado de merecementos, rumbo ao alén, ao eido do absoluto, ese plano da
realidade definitiva. Os amigos choramos aos amigos. A loita pola vida prosegue
noutras mans, noutras mentes, noutras esperanzas en novas rebeldías.
Xa
te alcanzou, amigo, en mala hora,
precisión
de reloxo en dura espada;
xa
te feriu a morte en alancada
que
se abalanza e se alza en vencedora.
De milicia, no alén, andas agora,
ergueito e ben lanzal, en cabalgada;
cobexa, capitán, a labarada
da febre de vencer que nos devora.
Cando
tocou vivir deches a talla,
cando
tocou sufrir fuches, sedento,
beber
do manacial do propio alento
para
afrontar mellor outra batalla.
¡Eis
DOMINGOS DOSIL, brasón, medalla
da
tarefa común con fundamento!
¡Como
doe a traizón!; ¡canta pantalla
profana
branca-azul no pensamento!
(Rioderradeiro)
sábado, 8 de septiembre de 2012
lunes, 27 de agosto de 2012
sábado, 16 de junio de 2012
jueves, 17 de mayo de 2012
martes, 1 de mayo de 2012
sábado, 21 de abril de 2012
miércoles, 28 de marzo de 2012
lunes, 13 de febrero de 2012
martes, 7 de febrero de 2012
lunes, 6 de febrero de 2012
DOMINGOS DOSIL CUBELO (IN MEMORIAM)
A familia nacionalista, o BNG, todos os que tivemos o privilexio de tratalo e de querelo somos, a partires de agora, máis pobres; porque éramos conscientes dos seus valores humáns e políticos. Que descanse en paz DOMINGO DOSIL CUBELO, xa liberado súas ataduras.
Un exempo a seguir.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)