jueves, 8 de abril de 2010

QUEREMOS GALEGO


O 17 de abril terá lugar un grande festival de música contra o decretazo no recinto feiral de Pontevedra a partires das 19.30.
VENDA DE ENTRADAS EN MUROS NO:
POUSO, CASA DA CHURRA E PUB O MUIÑO
Este festival contará coa presenza de:
Berrogüetto, Luar na Lubre, Fuxan os Ventos, A Quenlla, García MC, Lamatumbá, Espido, Asociación de Gaiteiros Galegos, Ruxe Ruxe, Galegoz, Zurrumalla, Os Carunchos, Fía na Roca, Os tres trebóns e Uxía Senlle.
Coa organización deste festival a plataforma cidadá Queremos Galego pretende ademais de dotar dun contido lúdico á ampla mobilización social polo noso idioma, mostrar a cultura galega tal e como é: rica, plural e activa. Xa que logo este festival é un acto de reivindicación da nosa lingua e cultura fronte á regresión de dereitos e a eliminación da súa oficialidade que está a impulsar o goberno da Xunta de Galicia.
Ademais de mercar a túa entrada on-line, podes consultar na nosa web os puntos de venda nas diferentes comarcas e localidades do noso país.
O prezo de venda anticipada é de 10€ e na billeteira de 12€.

No hay comentarios: