domingo, 29 de marzo de 2009

A señora Antonia da Montañesa:


As sardiñas, no prato; os xurelos, pendurados da man... Xuraría que ela acaba de escamalos, no caldeiro, na fonte de San Xosé. Perdón, se me trabuco. En canto ao contido do cesto, a señora Antonia xa pasara polo supermercado.

- ¿E a caldeirada ha de ser con pemento ou sen pemento?

- Con aceite de olivia, ghuapa.
.

lunes, 23 de marzo de 2009

viernes, 20 de marzo de 2009

LAIKA




emparedada pola estirpe, no atraque ao pantalán-peirao.
_

martes, 17 de marzo de 2009

A outra dársena,


outra clase de barcos deitados sobre lama e area.
_

lunes, 16 de marzo de 2009

Acorazado Cardenal Cisneros.





"Incorporado a la división naval de instrucción para la realización de ejercicios en las rías gallegas, el Cardenal Cisneros zarpó el 28 de octubre de 1905 de su fondeadero de Muros con rumbo a Ferrol a reparar unas pequeñas averías en sus calderas. Al pasar a unas 2,6 millas de los bajos de Meixidos, tocó con un escollo, no cartografiado, que le desgarró más de 50 metros de su obra viva, en toda la extensión de las cámaras de calderas y parte de la de máquinas de proa. Ante semejantes daños, la inundación no pudo ser controlada, dando tiempo sin embargo a que se salvara toda la dotación, hundiéndose el buque de proa.

Al olvidar el oficial de derrota recoger el cuaderno de bitácora, no pudo precisarse con exactitud el lugar donde el casco impactó con la roca, ya que la inercia le hizo alejarse unas 2,5 millas del lugar del impacto.

El Consejo de Guerra, sentencio al comandante del buque, el capitán de navío Manuel Díaz Iglesias a un año de suspensión de empleo, según el artículo 198 del Código Penal de la Marina de Guerra, por negligencia al no haberse recogido el cuaderno de bitácora, quedando libre de cargos sin embargo por la pérdida del buque.

Hallazgo del Cisneros:

En septiembre del año 2006 los buzos José Manuel Silva, Juan Montero y Unai Artaloitia, consiguieron localizar los restos del crucero acorazado Cardenal Cisneros." (Wikipedia)

sábado, 14 de marzo de 2009

Moitas lanchas,


moita sardiña, moito xeito.
_

miércoles, 11 de marzo de 2009

atraque


a vela e de marea baixa. Despois, unha taza no Quiosco de Marcote.
_

Compostelano.


E non é de coña. Dádelle á ampliación para ver os detalles nesa letra pequena.
_

jueves, 5 de marzo de 2009

miércoles, 4 de marzo de 2009

En seco.


Esta cachola coa boina calada ata as orellas, pero, sobre todo, esta cara..., nunca mellor dito, é o vivo espello da alma de quen volta dunha boa faena. E na casa, o caldiño de cada día a requentar no lume da lareira.
_

viernes, 27 de febrero de 2009

¿Por que chora esta nena?


Cos seus zapatiños de charol, co seu bolsiño branco, coa súa saia plisada e noviña do trinque, ela vai a cabalo da pedra, do tempo fuxidío... Ela vai, e nós seguímola cos ollos da memoria e da imaxinación no galloupar da vida. Pero nós, sabéndoo ou sen sabelo, tamén cabalgamos con ela.
__

martes, 24 de febrero de 2009

EENDRACHT: Unha visita a vela.







Despois de longa travesía, a sestear no leito da ría de Muros, onde loce a maxestade dos tres mastros ergueitos...

lunes, 23 de febrero de 2009

Pezas do xeito,


do peirao a bordo, para largar a casea ao axexo e ao amanexo.

Bolicheiros.


Aparello a terra.

Dársena


Muros

viernes, 20 de febrero de 2009

Rumbo ao descoñecido


para facer as américas. ANDREAS BREMEN, nos comenzos do século XX, un máis daqueles paquebotes que acarrexaban á nosa xente para o "Novo Mundo".

Convén reactivar a memoria para comprender aos que, dun tempo acá, veñen facento ese camiño á inversa, para que non nos perda a insensibilidade, e a soberbia.
__

viernes, 13 de febrero de 2009

jueves, 12 de febrero de 2009

Discriminación no transporte


Media ducia de cestos en equilibrio inestable.

miércoles, 11 de febrero de 2009

ARIETE.



Fragata Ariete, cunha dotación de 166 tripulantes, foi arrastrada polo temporal á rompente, para logo encallar na praia de Ardeleiro, preto de Punta Remedios, en Lira (Concello de Carnota), na Costa da Morte, o 25 de febreiro de 1966. A parroquia de Lira volcouse nas labores de salvamento, rescatando con vida á tripulación ao completo. Na actualidade, hai un monolito que conmemora "in situ" esa efeméride.

lunes, 9 de febrero de 2009