martes, 10 de mayo de 2011

“Medalla da Vila de Muros” a MARCELO da RABELA

 OUTORGAMENTO DO GALARDÓN “MEDALLA DA VILA DE MUROS” A  D. MARCELINO GARCIA LARIÑO.


O regulamento de honras e galardóns deste Concello instituiu o galardón “Medalla da Vila de Muros” coa finalidade de premiar a aquelas persoas ou entidades que polos seus méritos acadasen un prestixio social excepcional no eido en que desenvolven as súas actividades e que polo especial vencellamento que os une co noso municipio contribuíron a mellora-la súa imaxe e a divulga-lo seu coñecemento.

Estes méritos conxúganse na figura de D.Marcelino García Lariño. E, entre outros, polos seguintes motivos:

-         Por ter impulsado e participado de maneira brillante en canta actividade cultural fora desenrolada a prol do noso municipio.
-         Pola súa laboura desinteresada e incondicional de animador, cronista e albacea do acervo común. Polas súas aportacións etnolóxicas e etnográficas revitalizadoras da nosa toponimia.
-         Por ser memoria viva do anecdotario vilego con máis de oitenta anos ás costas.
-         Pola súa meritoria obra lírica, humorística e narrativa coñecida a través dos títulos publicados e de unha abondosa obra aínda inédita. Que toca sempre a fibra máis sensible da muradanía coa variña máxica da palabra precisa.
-         Por ser unha persoa de acervo transversal a quen uns e outros respetamos, apreciamos, escoitamos e queremos.
-         Por ter acreditado ao longo da súa vida adulta un indiscutible e acendrado amor a Muros e ao seu entorno. Porque certamente o merece. E porque coa súa honra engrandecemos ao Concello, que desta maneira queda tamén honrado.

Polo exposto, propoño outorgarlle a D.Marcelino García Lariño a concesión do galardón “Medalla da vila de Muros”.


Muros, 12 de abril de 2011.
O Alcalde,



Domingos Dosil Cubelo.



miércoles, 4 de mayo de 2011

miércoles, 27 de abril de 2011

sábado, 2 de abril de 2011

lunes, 28 de febrero de 2011

MARCELOdaRABELA.-2

MARCELOdaRABELA.-1

 Marcelo García Lariño, cronista, por vocación, da muradanía. Coma poeta peripatético, administrador do anecdotario cotián, non tén comparanza. En Marcelo, a palabra é sacramento. E, coma é de lei, os sacramentos deben ser recibidos en estado de graza.
    ¡A ver e a escoitar!   Amen.

martes, 8 de febrero de 2011

sábado, 25 de diciembre de 2010

sábado, 27 de noviembre de 2010

domingo, 14 de noviembre de 2010

XOSÉ AGRELO HERMO en vivo.


 "El Ayuntamiento de Muros llevará a cabo mañana por la tarde un homenaje póstumo al profesor, autor teatral y hombre constantemente implicado en todo tipo de iniciativas culturales Xosé Agrelo Hermo, que falleció en noviembre de 2006. El homenajeado, aunque nació en Noia, pasó la mayor parte de su vida profesional en el municipio muradano, donde residió hasta su muerte.
El homenaje se iniciará a las 17.00 horas en la alameda de Esteiro, donde se descubrirá un busto en su honor. El actor y amigo personal del profesor Xosé Manoel Olveira Pico será el encargado de dar la bienvenida a los asistentes y de conducir el acto.
El programa incluye la actuación del grupo Xeitura de Esteiro (que interpretará varias piezas) y contará con la intervención del alcalde, Domingos Dosil; la edil de Cultura e Deportes, Laura Eiras y de parte de la familia del homenajeado.
Además, los alumnos de la escuela obradoiro Ría de Muros III (encargados de la rehabilitación del parque en el que se celebrará el acto) plantarán un árbol en recuerdo de Xosé Agrelo.
El programa llegará a su conclusión con el descubrimiento del busto bajo los acordes del himno gallego, interpretado por un gaitero del grupo Xeitura y la despedida de Olveira.
Xosé Agrelo, autor de diversos libros y piezas teatrales, fue galardonado con los premios O Facho de cuentos infantiles (1971), Leixaprén (2001) y Relatos de Aventuras Avilés de Taramancos (2003) y estaba en posesión de la Medalla de la Villa de Muros." (Correo Gallego)

sábado, 2 de octubre de 2010

domingo, 19 de septiembre de 2010

Crónica vilega


Voda do ano en Muros.

miércoles, 15 de septiembre de 2010

sábado, 11 de septiembre de 2010

miércoles, 8 de septiembre de 2010

Crónica de Ofiusa,

Francisco Xabier Vázquez nace un 29 de abril de 1956 en Chantada. Traballou en centros de ensino de A Coruña, Boiro, Louro e Muros, vila na que reside na actualidade. Algún día disque será quen de poder invitar ós amigos á súa propia adega, aló por San Fiz ou Belesar na Ribeira Sacra.
     No terreo literario é membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega desde os seus primeiros anos de fundación. Publicou A Chazca no ano 1982 en Edicións do Castro, novela na que se observa unha vontade de experimentar con distintos modelos narrativos, empregando como trama a confrontación social derivada da guerra incivil do 36.
     No ano 2003 edita en Sotelo Blanco Crónica de OfiusaCrónica de Ofiusanovela de corte xuvenil na que narra unha viaxe chea de aventuras polas terras míticas de Ofiusa (Galiza).

miércoles, 21 de julio de 2010

martes, 20 de julio de 2010

lunes, 12 de julio de 2010